Vázquez: “Andrés é alcalde con trampas”.



A política na Baña volve a actualidade polas polémicas actuacións do executivo local e pola renuncia do responsable de Obras local. O voceiro socialista, Enrique Vázquez cree que estamos ante o principio do fin, da época de Andrés García Cardeso (PP) como alcalde.

O concelleiro de Obras, Francisco Pazos Currais presentaba a súa demisión coma responsable da súa área, o que nos últimos días abría a caixa dos rumores. A crise gubernamental pechouse co anuncio do propio Pazos que seguiría votando cos seus compañeiros do grupo municipal do Partido Popular.

Pero para o líder da oposición, Enrique Vázquez Naveira esta renuncia é unha mostra de que hai xentes dentro do PP que comenzan a discrepar co rexedor Andrés García Cardeso pola súa forma de actuar, baseada no "nepotismo" e en obras que benefician a particulares próximos o PP, coma a contrucción dun muro a un familiar dun concelleiro e que motivará un pleno extraordinario o vindeiro 23 de outubro.

"Andrés é alcalde porque é o máis votado, pero tamén digo que é un alcalde con trampas", asegura Vázquez en relación coa problemática do censo electoral "onde se censaron xentes na súa casa o ou na do seu irmán". O voceiro socialista tamén afirmou que lle chamaba a atención o "incremento do patrimonio de Andrés desde que está de alcalde", e considera que o Presidente do PPdG debería de tomar medidas co incorrecto proceder de Andrés García Cardeso, que por certo "está militando no PP de Santiago porque na Baña no hai agrupación local".

No hay comentarios: