ASEMBLEA EXTRAORDINARIA PSdeG-PSOE A BAÑA

PRESENTACIÓN DE CANDIDATURAS E ELECCIÓN DE DELEGADOS

A Comisión Executiva Municipal do PSdeG-PSOE procedereu á apertura do prazo para a presentación de candidaturas a Delegados/as. Ditas candidaturas tiñan ser completas; é decir, ter tantos membros como postos a elixir. Así mesmo, as candidaturas presentadas terían que cumprir o artigo 7.1.k dos Estatutos Federais, sendo paritarias, non superando ningún dos sexos o 60% nin sendo menor do 40% da representación. O prazo para a presentación das candidaturas quedou aberto ata o vernres 27 de marzo ás 20 horas.
O sábado 28 de marzo tivo lugar a ASEMBLEA EXTRAORDINARIA do PSdeG-PSOE de A Baña para a elección dos Delegados/as que asistirán ao Congreso Nacional Extraordinario do PSdeG-PSOE que se celebrará o 25 de Abril no Pazo da Cultura de Pontevedra.
Á Agrupación Local de A Baña correspóndenlle 3 delegados xa que conta cun total de 84 afiliados. Unha única lista foi presentada polo Secretario Xeral, Enrique Vázquez Naveira e apoiada por unanimidade polos afiliados asistentes.
Os delegados elixidos foron: Enrique Vázquez Naveira, Ana Paramos Cebey e Álvaro Silva Suárez.
Tamén se acordou solicitar aos diferentes candidatos á Secretaría Xeral do PSdeG-PSOE que se acheguen ata a Sede da Agrupación, para que expoñan ante a militancia os seus proxectos e así poder decidir quen recibirá o apoio dos tres delegados que os representarán no próximo Congreso.

No hay comentarios: