A renovacion socialista de Caballero

Gonzalo Caballero iniciou na Baña o seu periplo por distintas agrupacións socialistas galegas co obxetivo de promover o debate dentro do PSOE, e lembrar que se debe de “entender o mensaxe das urnas”.
Gonzalo Caballero chegou a sede socialista da Baña co ánimo de provocar e iniciar un debate sen cortapisas dentro do PSdG-PSOE. Alí compareceu acompañado polo secretario xeral do PSOE local, Enrique Vázquez e polo exdiputado Isidoro Gracia.
Caballero apostou por unha lectura real da mensaxe dos electores, e de “abrir unha etapa de futuro no socialismo galego”. O motivo para iniciar precisamente na Baña esta rolda de contacto é porque “aquí hai vontade de cambio e de ideas”.
O portavoz local, Enrique Vázquez, lembrou que no ano 2002, o candidato Zapatero estivera nesta localidade na que prácticamente no existía a organización local, e des dentón, coa forza da militancia foise artellando un partido sólido. “Queremos que se recupere o espíritu da Baña”. Días antes, en Punto Radio Noroeste, Vázquez Naveira recoñeceu simpatizar cos postulados renovadores de Gonzalo Caballero.
Nunhas declaracións a anosagalicia.com, Caballero dixo que a súa pretensión era iniciar unha etapa de “contacto directo co conxunto da militancia” e apostou porque se ten que “abrir unaha etapa de futuro de diálogo e debate .E o momento das ideas e de dinamizar o socialismo galego”.
O xove político incidiu en que se debe se interpretar os pasados resultados electorais e apostar pola renovación: “Queremos traballar pateando Galicia para trasmitir que entendemos a mensaxe das furnas”. Cando lle preguntamos se a súa pretensión era aspirar a ser o secretario xeral do PSOE, resposta:”Non estamos no debate dos nomes senón das ideas, a xente quere cambio, renovación e un congreso aberto. Primeiro as ideas e despois os cargos”. Caballero asegurou que aposta “por un modelo de partido forte, vivo e renovado. Socialismo na vangarda e na modernidade mais que o guión que este a escrito polo aparato, e esta será a alternativa”. Opina que sería un erro non facer autocrítica e seguir pola senda do continuismo.

No hay comentarios: