O XOGO SUCIO DE ANDRÉS


O Conselleiro de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas, Agustín Hernández Fernández de Rojas, percorrerá este luns o trazado en obras da estrada Ceilán-Ponte Failde que transcorre polo noso concello. Ata o momento todo en orde. A nova "xogarreta" do noso rexedor, Andrés García Cardeso, non nos sorprende pero si que nos parece insultante e irresponsable pola súa parte. A saber: a visita do conselleiro está programada para o luns 9 de novembro ás 13:oo horas, os nosos compañeiros do Grupo Socialista foron avisados este mesmo sábado día 7 ás 10:15 h; como todo o mundo sabe, a axenda dun conselleiro da Xunta de Galicia non se programa dun día para o outro, querendo dicir isto que o alcalde sabía con moitísima antelación en que día se ía facer dita visita. Queda claro que non interesa por parte do goberno local que asistan os compañeiros da oposición. O que non entendemos é por que se convoca para un acto tan importante con tan pouco tempo de marxe para que os nosos compañeiros poidan asistir. ¿A quen ou a que lle ten medo Andrés? Isto demostra unha vez máis pouca seriedade pola súa parte, pero o feito máis importante é que non dará oportunidade aos veciños nin a ás voces da oposición a trasladar as demandas que os bañeses lle transmiten día a día sobre as numerosas deficiencias que presenta a construción do novo vial. ¿Onde está o famoso túnel de Nantón polo que tanto "loitou" o noso alcalde? ¿Que solución lle van a dar aos veciños de O Barro, Troitosense, Lañas, Fiopáns, ... que quedarán incomunicados coa capital do concello? ¿Mentirá novamente Andrés ao seu pobo?
O fax que podedes ver (clicar na imaxe para ampliar) foi enviado hoxe mesmo ao Concello de A Baña dirixido ao alcalde. Como sabemos do mal facer do noso rexidor fixemos chegar tamén este mesmo fax ao conselleiro Agustín Hernández.
Temos que deixar moi claro que desta visita non foi avisado ningún presidente de ningunha das asociacións que representan aos nosos veciños e puxéronse todas as trabas posibles para que os concelleiros do grupo socialista non acudiran. Como non podía ser doutra maneira e atendendo ás súas responsabilidades como concelleiros, alí estiveron Ana Paramos e Victorino Pazos, para informar a pé de obra de todas as deficiencias, carencias e demandas que os veciños nos fixeron chegar.

No hay comentarios: