ILUSIÓN POLO NOSO CONCELLO .......... www.socialistasdeabaña.gal .......... ILUSIÓN POLO NOSO CONCELLO .......... www.socialistasdeabaña.gal .......... ILUSIÓN POLO NOSO CONCELLO .......... www.socialistasdeabaña.gal

Pachi Vázquez asistirá ao xantar dos socialistas de A Baña

A agrupación socialista de A Baña celebra o domingo, 4 de xullo, a novena edición do seu xantar para simpatizantes e veciños, que nesta ocasión vaise celebrar na parroquia de Barcala, e para o cal contarán coa presenza do secretario xeral do PSdeG, Pachi Vázquez, e mailo alcalde de Negreira, Jorge Tuñas Caamaño, ademais de deputados, membros da executiva provincial e mesmo os secretarios comarcais de agrupacións socialistas na área de Santiago.
Os participantes deben retirar os seus vales para o xantar ao prezo de 10 euros ata o día de hoxe, podéndose retirar na Casa do Pobo de San Vicente, ou nos locais comerciais colaboradores, e mesmo chamando ao 676 081 046. No menú non faltará a empanada de polbo, de bacallao, entremeses, melón con xamón, chourizos ao viño, chourizos criollos, churrasco, polos asados, viños do país, refrescos, postres, chupito, copa e café, para todos os que acodan.

No hay comentarios: