Exitoso 9º Xantar dos Socialistas de A Baña

Nesta novena edición do Xantar dos Socialistas de A Baña estivemos acompañados polo Secretario Xeral do PSdeG-PSOE, Pachi Vázquez, polo alcalde de Negreira, Jorge Tuñas, o alcalde de Ares, Julio Iglesias, pola parlamentaria Beatriz Sestayo, o portavoz dos socialistas de Santa Comba, José Antonio Ucha Velo e por numerosos concelleiros/as dos concellos da comarca de Compostela.
Na parroquia de Barcala, no histórico local social dos seus veciños, xuntamos a trescentos amigos/as e compañeiros/as para gozar dunha xornada de confraternidade. Compatimos un abundante menú composto por empanada de polbo, empanada de bacalao, entremeses, melón con xamón, chourizos ao viño, chourizos criollos, churrasco, polos asados, viños do pais, refrescos, postres variados, chupito, copa e café.
No transcurso do xantar levouse a cabo o sorteo e entrega das dúas ceas para dúas persoas que os afortunados compartirán en Casa Salvador e na Parrillada Val de Barcala.
Os membros da Executiva Local da Agrupación dos Socialistas de A Baña non poden máis que agradecer a todos os asistentes a súa participación e felicitar a todos os colaboradores o traballo realizado neste día, traballo tan importante para todos os socialistas do noso concello.
Moitas gracias veciños/as, amigos/as e compañeiros/as.
Podedes ver máis fotos do acto no noso perfil de Facebook: www.facebook.com/psoe1

No hay comentarios: