9º Xantar dos Socialistas de A Baña

Unha nova edición do xa tradicional Xantar dos Socialistas de A Baña terá lugar o próximo domingo 4 de Xullo. Nesta ocasión celebrarase na Parroquía de Barcala.
Menú: Empanada de Polbo, Empanada de Bacalao, Entremeses, Melón con xamón, Chourizos ao viño, Chourizos criollos, Churrasco, Polos asados, Viños do pais, Refrescos, Postres variados, Chupito, Copa e Café.
Un acto aberto a tódolos veciños de A Baña no que contaremos coa presencia do Secretario Xeral dos Socialistas de Galicia, Pachi Vázquez, e co Secretario Provincial, Salvador Fernández Moreda.
Xa podes mercar a túa entrada, por tan só 10 euros, na Casa do Pobo, falando cos nosos concelleiros e militantes, chamando ao 676081046 ou enviando unha mensaxe ao noso Facebook.
Contaremos cunha charanga e un grupo de gaitas.
Sorteo de dúas ceas para dúas persoas entre todos os participantes e moitas outras sorpresas.
En caso de mal tempo contaremos cunha gran carpa.
Esperámoste

No hay comentarios: