Claro que Andrés García Cardeso minte, unha vez máis minte.


1⃣ Ningún membro da Agrupación Socialista de A Baña nin membro do Grupo Municipal Socialista está recollendo firmas, sinatura ou rúbrica en contra do parque eólico de Troitomil.

2⃣ As tres xuntanzas informativas que organizou a Agrupación Socialista de A Baña foron solicitadas polos propios veciños e veciñas afectadas pola construción do parque eólico ante a nula información transmitida polo Concello.

3⃣ O parque eólico de Troitomil atópase na fase de "tramitación" como reflexa e se pode comprobar no "Rexistro eólico de Galicia" da Xunta de Galicia,  Consellería de Economía, Emprego e Industria 👉 CONSULTAR NO REXISTRO

Captura do Rexistro eólico de Galicia - Xunta de Galicia

4⃣ Os membros do Grupo Municipal Socialista de A Baña tan só transmitiron a información da que dispoñen a petición da veciñanza, xa que, o lóxico sería que o Sr. Alcalde e desde a propia administración local informasen puntualmente aos veciños afectados e non se tratara de ocultar dita información e incluso facerlla chegar so a algúns "interesados". 

5⃣ A día de hoxe xa hai terreos cedidos co seu respectivo contrato co propietario dos terreos para a colocación de medidores. 

6⃣ O deber dun Alcalde é o de  informar a todos os veciños por igual e non o de ocultar dita información en beneficio de uns poucos. 

7⃣ Por outra banda, non entendemos, como se usan os medios de comunicación ( páxina web e redes sociais do Concello de A Baña ) para difundir notas de prensa de carácter político. Despois de 23 anos o Partido Popular da Baña non tivo capacidade, nin interese, por administrar unha web propia ou crear uns perfiles nas redes sociais como ven facendo a Agrupación Socialista da Baña dende hai máis de 10 anos.


Nota de prensa colgada na web do Concello de A Baña


No hay comentarios: