Problemática coa cesión de terreos á cooperativa Landeira SCG


D. José  A. Pereira Gil con DNI 328xxx82P como Portavoz Municipal do Partido Socialista no Concello de A Baña,

EXPÓN:

Numerosos veciños das parroquias da Baña, teñen os seus terreos cedidos a Landeira SCG, para realizar distintas actividades de plantío ao longo do ano. Con estes acordos, os beneficios son mutuos, a Cooperativa dispón de maior número de hectáreas para plantar, e os veciños reciben certa compensación pola cesión dos seus terreos.
Na tempada de plantación do millo do ano pasado,  dita cooperativa á hora de facer as plantacións nas agras de Emes e no Lameiro, non respectaron os camiños que dan acceso as distintas leiras, arando e plantando os mesmos. Ditos camiños ademais de dar entrada as leiras plantadas, son vías públicas, e pistas da concentración parcelaria utilizadas por numerosos veciños para servidume das fincas posteriores ás plantadas, e a situación agrávase en caso de incendios forestais, xa que ditas pistas quedan inutilizadas para o paso de vehículos de control e intervención de incendios. 
A dito problema súmase  que a semana pasada no lugar de Emes, dita cooperativa na súa tarefa de preparación dos terreos para plantar, non respetou as distancias mínimas de seguridade á hora de botar o xurro, xa que a escasos 40 metros da finca abonada, hai unha fonte pública utilizada polos veciños como abastecemento de auga para o consumo, e é  sabido que a  utilización dos  puríns preto dos acuíferos,   son unha fonte de contaminación por nitratos, altamente tóxica.
Por todos estes motivos solicitamos:

Que o Concello tome as medidas correctoras para que ditas situacións non se repitan e así proseguir coa boa convivencia entre a cooperativa e os veciños do lugar. 

A  Baña, a 4 de febreiro de 2019

Asdo: josé A. Pereira Gil
Ó ALCALDE DE A BAÑA

Solicitude rexistrada nas oficinas xerais do Concello da Baña 06/03/2019

No hay comentarios: