Mantemento pésimo na parroquia de Fiopáns. Solicitude veciñal.


D. José A. Pereira Gil con DNI 32xxxx782P como Portavoz Municipal do Partido Socialista no Concello de A Baña, ao amparo do disposto no art. 97 do real decreto 2568/1986, polo que se aproba o Regulamento de organización, funcionamento e Réxime Xurídico das Entidades Locais, formulo a seguinte solicitude:
Na parroquia de Fiopáns, no lugar de Troitomil, hai un camiño que parte dende o núcleo do lugar cara a Cuvela e Curres. Dito camiño é utilizado de maneira habitual pola veciñanza para acceder ás distintas leiras. Dende fai tempo este camiño está nunhas condicións de mantemento pésimas. A maleza en distintos puntos invade a vía, o que fai que a maquinaria agrícola sufra constantes danos ao golpear a maleza contra a mesma.
É POR ISTO QUE SOLICITAMOS:
Unha actuación de limpeza de carácter inmediato, co fin de solucionar os problemas anteriormente expostos, e que se teña en consideración a realización dunha actuación para mellorar o firme do mesmo.
A Baña, a 14 de marzo do 2019
Asdo: José A. Pereira Gil
Ao Sr. Alcalde do concello de A Baña

Achégase foto da localización. 



No hay comentarios: