Nova solicitude veciñal: colocación dun colector amarelo no lugar do Espiño na parroquia de San Cibrán


D. José  A. Pereira Gil con DNI 32xxx782P como Portavoz Municipal do Partido Socialista no Concello de  A  Baña, ao amparo do disposto no art. 97 do real decreto 2568/1986, polo que se aproba o Regulamento de organización, funcionamento e Réxime Xurídico das Entidades Locais, formulo a seguinte solicitude:

EXPÓN:

Reciclar é unha das tarefas cotiás máis sinxelas, un exemplo de responsabilidade social e coidado do medio ambiente. Dende o Concello estase a facer unha gran labor neste sentido, pero distintos núcleos  rurais teñen serios problemas á hora de depositar o lixo, xa que carecen dos colectores adecuados para realizar dita tarefa.

No lugar do Espiño, parroquia de S. Cibrán, os veciños carecen de colectores amarelos para depositar  os residuos correspondentes. Esta situación fai que a labor de reciclaxe sexa un tanto complicada posto que teñen que  levar o lixo nos seus coches para depositalo en distintos colectores ao longo da parroquia.

É por isto que,

SOLICITAMOS:

Procédase a colocación dun colector amarelo no lugar do Espiño para desta maneira facilitar a tarefa de reciclaxe aos veciños


A  Baña, a 14 de marzo de 2019


Solicitude rexistrada o 15/03/2019


No hay comentarios: