JOSÉ ANTONIO PEREIRA, ELIXIDO CANDIDATO SOCIALISTA Á ALCALDÍA DE A BAÑA “PARA DARLLE UN NOVO RUMBO AO CONCELLO, SAÍMOS A POLA MAIORÍA”



“O tempo do PP e de Andrés García chegou ao seu fin, estou convencido de que o PSOE liderará o cambio”, sostén Pereira

A Baña, 26 de marzo de 2019. Os socialistas de A Baña elixiron por unanimidade a José Antonio Pereira Gil candidato socialista á alcaldía do municipio. “Temos que darlle un novo rumbo ao concello, saímos a pola maioría”, afirma.

Os afiliados e afiliadas do PSOE, convocados en asamblea extraordinaria na Casa do Pobo de A Baña, respaldaron ao concelleiro e actual portavoz municipal dos socialistas, que desta forma será de novo cabeza de lista nas vindeiras eleccións municipais do 26 de maio.

“A Baña precisa dun novo rumbo, o tempo de Andrés García Cardeso e do Partido Popular chegou ao seu fin; nesta nova convocatoria electoral estou convencido de que non se nos vai escapar o quinto concelleiro, e digo máis: saímos a pola maioría absoluta”, afirma o candidato do PSOE.

Para Pereira Gil, esta nova elección dos militantes supón “un reto moi importante desde o punto de vista persoal e político, é a continuidade dun proxecto iniciado hai cinco anos, o PSOE ten que liderar o cambio en A Baña”.

Durante a asamblea, na que participou o 86% da militancia local, mostrouse tremendamente agradecido pola confianza recibida por parte das compañeiras e compañeiros da Agrupación Socialista de A Baña.

“Estou convencido de que A Baña é merecedora dun cambio de ciclo, os veciños queren cambio e loitarei para que a presente lexislatura sexa a última en mans do Partido Popular despois de 24 anos”, engade Pereira. 

No hay comentarios: