Resumo do pleno ordinario do día 30 de xaneiro do 2019


FOTO: www.adiantegalicia.es
Comeza o pleno ás 14:00 horas, (ausente o concelleiro Manuel Tourís - PP) coa supresión do primeiro punto, “Aprobación actas anteriores,”xa que as actas non estaban redactadas.

No segundo punto da orde do día, “Dar conta das resolucións do Alcalde,” o Sr Alcalde da por informada á corporación, pasando ao  punto terceiro, “Proposta de Adhesión ao Pacto dos Alcaldes  para o Clima e a Enerxía”.  Un pacto para  asumir  compromisos políticos e tomar medidas para anticiparse aos efectos inevitables do cambio climático. A iniciativa é encomiada polo noso portavoz, sometida a votación, e aprobada por  unanimidade.

O cuarto punto “informe da Alcaldía” o Sr. Alcalde informa á corporación da situación que atravesa  a Fundación de Discapacitados Psíquicos de  Barcala. Explica cales son as distintas fontes de ingreso da Fundación, e matiza que o Concello da Baña non ten obrigación de facer ningún ingreso, xa que na reunión que tiveron os concellos da Baña e de Negreira coa Fundación, a que  asistiu a Concelleira de Cultura, houbo un acordo  verbal,  que non se ratificou por escrito, e que para eles non ten validez. 

O noso portavoz manifesta  que estes feitos foron advertidos  a través dun escrito  presentado  o pasado día 15.

“É  inxustificable  tal demora no pago da participación acordada polo padroado,  xa que os acordos son para cumprir,  sexan verbais ou escritos. E máis neste caso, xa que se pon en serio perigo a continuidade da Fundación, o seu bo facer cas persoas que a ela asisten, e se aboca  á precariedade  económica ós traballadores, xa que levan varios meses sen cobrar.  
Ao día seguinte de presentar  o noso escrito,  vostede sacou unha nota de prensa onde asegura que o Concello realizará a súa achega  (8000€) nos próximos días. E é vergoñoso que  dúas semanas despois, aínda non se fixera o ingreso. Pedímoslle que faga o ingreso xa”.

O secretario toma a palabra e despois de dar as explicar correspondentes, manifesta que o seu informe é desfavorable  a facer fronte ao ingreso anteriormente mencionado.

O noso portavoz pregunta unha vez máis si se vai facer o ingreso.  O Sr Alcalde da a calada por resposta.

Neste punto tamén se informa que se está a facer un inventario dos catros, xacementos, Mámoas, etc. Traballo que está a realizar en conxunto a Deputación , a Xunta e unha empresa de Barcelona, co fin de editar a finais do verán, un tomo co resultado de dita investigación.

Na parte de control, a  moción que defendeu o noso portavoz  para  INSTAR AO CONCELLO DE A BAÑA A CREAR UNHA AGRUPACIÓN DE VOLUNTARIOS DE PROTECCIÓN CIVIL, foi aprobada por unanimidade.
De igual xeito, a moción do Grupo Mixto foi aprobada, despois de retirar o punto terceiro da mesma.

E aquí están os nosos rogos e preguntas.  PLENO ORDINARIO 30/01/2019

No hay comentarios: