Queremos deixar constancia que o bono taxi foi levado a pleno por iniciativa nosa, no mes de maio do ano pasado (2021). Que tanto PP como CxG impediron que se aprobara.
O PP, alegaba que as bases que se presentaron eran, e digo textualmente, o que pon na acta “Fixeches unhas bases que son un TOTUM REVOLUTUM” escusa que utilizaron para votar en contra.
CxG, como sempre, foron mais finos, e numeraron ata sete razóns polas que discrepaba coas bases presentadas por nos:
que si non se especificaba si as bases eran anuais.
que si as bases estaban en castelán.
que si faltaba a contía a conceder.
que si había unha incongruencia en determinados criterios no cálculo da capacidade económica.
que quen ia a procedera xustificar a subvención.
que os bonos eran unha arma de dobre fío.
que eran unhas bases inmaduras.
e o seu voto foi a abstención.
De novo bloqueaban outra iniciativa do Partido Socialista da Baña.
Agora traen a este pleno unhas bases idénticas ás que nos presentamos, onde so cambia unha frase e media, do total de 7 páxinas.
Todo isto o que demostra, é que cando nos gobernábamos, vostedes non pensaban nos beneficios dos veciños. So en poñernos trabas, impedindo que se aprobaran as cousas. Bloquear o Concello era o seu único obxectivo.
Alégranos, que se aprobe este Bono Taxi, porque a diferencia de vostedes, nos queremos o mellor para os veciños e imos a votar a favor.
No obstante solicitamos que no punto 7 se exclúa do órgano colexiado competente para a proposta de concesión, á parte política, xa que non é técnica, e pode verse tentada, a influír na concesión, por motivos políticos.
No hay comentarios:
Publicar un comentario