𝐒𝐎𝐋𝐈𝐂𝐈𝐓𝐀𝐌𝐎𝐒 𝐌𝐀́𝐈𝐒 𝐅𝐄𝐈𝐓𝐎𝐒 𝐄 𝐎𝐏𝐎𝐒𝐈𝐂𝐈𝐎́𝐍 𝐑𝐄𝐀𝐋 𝐏𝐎𝐑 𝐏𝐀𝐑𝐓𝐄 𝐃𝐎 𝐒𝐑. 𝐂𝐀𝐑𝐃𝐄𝐒𝐎 𝐀́ 𝐈𝐍𝐕𝐀𝐒𝐈𝐎́𝐍 𝐄𝐎́𝐋𝐈𝐂𝐀 𝐍𝐎 𝐂𝐎𝐍𝐂𝐄𝐋𝐋𝐎 𝐃𝐀 𝐁𝐀𝐍̃𝐀.

 

𝐍𝐨𝐧 𝐯𝐚𝐥𝐞 𝐝𝐢𝐜𝐢𝐫 𝐪𝐮𝐞 𝐯𝐚𝐢 𝐟𝐚𝐜𝐞𝐫 𝐮𝐧𝐡𝐚 𝐫𝐨𝐥𝐝𝐚 𝐝𝐞 𝐩𝐫𝐞𝐧𝐬𝐚 𝐞 𝐪𝐮𝐞 𝐝𝐞𝐬𝐩𝐨𝐢𝐬 𝐧𝐨𝐧 𝐯𝐞𝐧̃𝐚 𝐮𝐧 𝐬𝐨 𝐩𝐞𝐫𝐢𝐨𝐝𝐢𝐬𝐭𝐚. 𝐏𝐚𝐫𝐚 𝐢𝐬𝐨 𝐞 𝐦𝐞𝐥𝐥𝐨𝐫 𝐞𝐬𝐭𝐚𝐫 𝐪𝐮𝐢𝐞𝐭𝐨𝐬. 𝐍𝐨𝐧 𝐯𝐚𝐥𝐞 𝐝𝐢𝐜𝐢𝐫 𝐪𝐮𝐞 𝐯𝐚𝐢 𝐢𝐧𝐟𝐨𝐫𝐦𝐚𝐫 𝐚 𝐯𝐞𝐜𝐢𝐧̃𝐚𝐧𝐳𝐚, 𝐜𝐚𝐧𝐝𝐨 𝐨 𝐩𝐫𝐚𝐳𝐨 𝐩𝐚𝐫𝐚 𝐩𝐫𝐞𝐬𝐞𝐧𝐭𝐚𝐫 𝐚𝐥𝐞𝐠𝐚𝐜𝐢𝐨́𝐧𝐬 𝐜𝐨𝐦𝐞𝐧𝐳𝐨𝐮 𝐨 𝐝𝐢́𝐚 𝟏𝟕 𝐞 𝐚 𝐝𝐢́𝐚 𝐝𝐞 𝐡𝐨𝐱𝐞 𝐚𝐢́𝐧𝐝𝐚 𝐧𝐨𝐧 𝐬𝐞 𝐩𝐮𝐱𝐨 𝐧𝐢𝐧𝐠𝐮𝐧𝐡𝐚 𝐢𝐧𝐟𝐨𝐫𝐦𝐚𝐜𝐢𝐨́𝐧 𝐧𝐚𝐬 𝐫𝐞𝐝𝐞𝐬 𝐬𝐨𝐜𝐢𝐚𝐢𝐬 𝐝𝐨 𝐜𝐨𝐧𝐜𝐞𝐥𝐥𝐨 𝐩𝐚𝐫𝐚 𝐟𝐚𝐜𝐞𝐫 𝐚𝐬 𝐚𝐥𝐞𝐠𝐚𝐜𝐢𝐨́𝐧𝐬. 𝐏𝐫𝐞𝐬𝐞𝐧𝐭𝐚́𝐫𝐨𝐧𝐬𝐞 𝐚𝐥𝐞𝐠𝐚𝐜𝐢𝐨́𝐧𝐬 𝐚́ 𝐝𝐞𝐜𝐥𝐚𝐫𝐚𝐜𝐢𝐨́𝐧 𝐝𝐞 𝐮𝐭𝐢𝐥𝐢𝐝𝐚𝐝𝐞 𝐩𝐮́𝐛𝐥𝐢𝐜𝐚 𝐝𝐚𝐬 𝐥𝐢𝐧̃𝐚𝐬 𝐝𝐞 𝐞𝐯𝐚𝐜𝐮𝐚𝐜𝐢𝐨́𝐧 𝐝𝐞 𝐁𝐚𝐧𝐳𝐚𝐬❓
Esta declaración institucional, ven sendo a continuidade a un rexeitamento total, á implantación abusiva de parques eólicos no noso Concello, que quedou posta de manifesto xa no ano 2019, cando os alcaldes dos Concellos de Santa Comba, Mazaricos, Negreira, Outes e eu como alcalde da Baña, firmamos a primeira declaración conxunta a prol dun desenvolvemento sostible e xusto da enerxía eólica nos territorios rurais.
Igual fixemos o pasado ano, no pleno do Concello da Baña do 28 de abril, cunha declaración institucional, a prol do Concello da Baña, libre de parques eólicos.
Do mesmo xeito, no pleno do 6 de outubro, levamos de novo outra declaración institucional a prol dun desenvolvemento sostible e xusto da enerxía eólica nos territorios rurais.
O ano pasado, no momento de presentar alegacións a estes parques eólicos, o Concello da Baña, puxo a disposición dos veciños bandos informativos, charlas, asesoramento técnico e xurídico, modelos de alegacións, todo o necesario para ter a veciñanza informada en todo momento.
Solicitamos xuntanzas coas consellería de medio ambiente e industria, ás que asistimos eu como Alcalde e unha representación das asociacións mais activas nesta loita.
Ao proxecto do parque eólico de Troitomil, veciños e Concello presentaron preto de 800 alegacións, cifra que deixa mais que patente a oposición frontal a este proxecto.
Si veciños e o Concello non queremos estes muíños ao carón das nosas casas, temos que seguir na loita, unha loita na que non vale poñerse de perfil, na que non vale dicir si e despois mirar para o outro lado.
O pasado día 17 presentamos un escrito solicitando, Que de carácter urxente se creara unha mesa de traballo na que se conte con todas as forzas políticas, así como coas plataformas veciñais, para facer fronte á instalación abusiva de parques eólicos no noso Concello. A súa resposta quedou resumida nun parágrafo onde di textualmente: “Non intente contaminar, nin facer problemática neste tema”
Sr Alcalde, o problema está aquí, non o facemos nos. E entre todos temos que resolvelo, Agora vostede é o Alcalde, e é vostede o que ten que mover ficha. E non calquera ficha.
Por iso Sr alcalde, solicitámoslle que se forme esa mesa de traballo o antes posible, que se cumpra todo o que acaba vostede de ler, e que solicite de carácter urxente unha reunión co seu compañeiro de partido, o Sr Rueda, presidente da xunta, que é quen realmente ten capacidade para parar este atropelo no concello da Baña.

No hay comentarios: